Dobre podio para o Froiz no Campionato Galego Contrarreloxo por equipos
Por Redacción
A loita contra o crono ten un claro dominador en Galicia, o Grupo Deportivo Supermercados Froiz.
A escadra alimenticia confirmouno cun sobresaliente papel no Campionato Galego de Ciclismo Contrarreloxo por equipos celebrado no Porriño.
Alí presentou o Froiz dous equipos compostos por cinco ciclistas, e ambos lograron subir ao podio de honra.
O triunfo levárono Guillermo García, Óscar Brea, Martin Lestido, Aaron Mariño e Aitor Bugarín, especialistas a maioría nesta disciplina, ao completar os 13,7 quilómetros de percorrido nun tempo de 15 minutos e 20 segundos, avantaxando en 49 segundos o equipo do CC Caeiro.
Pola súa banda a segunda formación o liza do Froiz, composta por Abel Franco, Carlos Amil, Miguel Montero, Daniel Rodríguez e Jesús Pociña, completou o podio a un minuto dos vencedores.
Relacionadas:
-
Tripla vitoria para o Froiz no Díptico de Vigo
Por Redacción |
-
O Froiz retoma a competición en Asturias
Por Redacción |
-
Óscar Brea leva a Volta a León
Por Redacción |
-
O Froiz afronta unha esixente Volta a León
Por Redacción |
-
Iván Martínez, ciclista do Super Froiz, faise co triunfo na Volta a Ávila
Por Redacción |
-
Gran papel do Super Froiz no Memorial Jon Lazkano de ciclismo
Por Redacción |
-
Sergio Vega proclámase en Castellón campión de España Elite de ciclismo
Por Ramiro Espiño |
-
Guillermo García queda a 11 segundos do podio no Campionato de España Contrarreloxo
Por Redacción |