Sergio Paredes, bronce en martelo no campionato de España sub23 de atletismo
Por Redacción
O atleta Sergio Paredes logrou a medalla de bronce na proba de lanzamento de martelo no campionato de España sub23 de atletismo que se celebrou esta fin de semana en Soria.
Paredes, lanzador da Sociedad Gimnástica, terminou en terceira posición cun mellor lanzamento de 52.93 metros.
Foi a mellor actuación do equipo pontevedrés, que tamén situou en quinto posto a Ricardo Gaya en triplo salto cunha marca de 15.08 metros. Na mesma proba Anxo Blanco foi sexto, cun mellor salto de 14.95 metros.
Posto de finalista lograron tamén Mourad Jbari nos 3.000 obstáculos, que foi quinto cun tempo de 9:41.43; e Pablo Martínez de Guereñu, que finalizou oitavo en salto de altura ao superar a barreira dos 1.93 metros.
A participación da Gimnástica completouse con Xiana González que, nos 200 metros, finalizou cuarta na súa semifinal cun tempo de 25.30 segundos, insuficiente para estar na carreira final.
Con estes resultados, o conxunto pontevedrés finalizou no posto 19 do campionato.
Relacionadas:
-
A Gimnástica roza os postos de podio no Campionato de España Absoluto
Por Redacción |
-
Sete deportistas representarán á Gimnástica no principal campionato do atletismo nacional
Por Redacción |
-
A Gimnástica colabora no quinto posto galego no Nacional de Atletismo de Federacións Autonómicas
Por Redacción |
-
Catorce medallas para a Gimnástica nun "accidentado" campionato galego de atletismo
Por Redacción |
-
Hugo García Souto, subcampión de España sub16 nos 3.000 metros
Por Redacción |