O grovense Tono Campos vence no campionato de Europa de piragüismo maratón
Por Redacción
A primeira medalla para España no Campionato de Europa de Maratón que se celebra na cidade croata de Metkovic tiña que levar o nome do grovense Tono Campos.
O piragüista meco participaba na carreira de C1 senior e cumpriu cos prognósticos que lle daban como favorito nesta proba.
Desde o inicio encabezou o grupo de cabeza. O portugués Rui Lacerda foi o único que lle disputou a medalla. No último porteo, Tono Campos luciu os seus mellores armas e descolgouse do seu compañeiro de escapada. O último quilómetro da proba foi un paseo para o canoista do Breogán, logrando o triunfo.
Campos parou o crono en 2:03:20.89 milésimas, mentres que o canoista luso chegaba corenta segundos máis tarde. Desta forma, o padeeiro recupera o posto máis alto en Europa despois de que en 2017 terminara segundo en Ponte de Lima.
Con esta vitoria, Tono Campos suma 21 medallas en competicións internacionais desde o ano 2017. Este domingo pode aumentar o seu palmarés porque participa con José Sánchez na regata en C2.
Pola súa banda, a canoista do E.P. Cidade de Pontevedra Jennifer Casal en C1 senior finalizou oitava.
Relacionadas:
-
O piragüismo maratón pontevedrés, a pola gloria no Mundial de Portugal
Por Redacción |
-
O piragüismo pontevedrés, protagonista no Nacional de maratón
Por Redacción |
-
Antía Jácome, María Pérez e Natalia García estarán no Mundial de piragüismo de Portugal
Por Redacción |
-
Óscar Graña agranda a súa lenda: é o novo campión de Europa de piragüismo maratón en C2
Por Alejandro Espiño |
-
O duelo "fratricida" en C2, principal cita do piragüismo pontevedrés no Europeo de maratón
Por Redacción |