O duelo "fratricida" en C2, principal cita do piragüismo pontevedrés no Europeo de maratón
Por Redacción
A cidade croata de Metković é, desde este xoves, a sede do campionato de Europa de piragüismo maratón para as categorías xuvenil, sub 23 e senior. A esta cita, Galicia envía a doce representantes, entre eles as grandes referencias do piragüismo pontevedrés.
Así, Tono Campos (Breogán do Grove), actual subcampión continental, competirá nas probas de C1 e C2 co seu compañeiro José Sánchez.
Os seus principais rivais serán os tamén pontevedreses Diego Romero e Óscar Graña, unha parella recentemente formada que debuta nunha gran cita internacional. Será un duelo fraticida, xa que ambos os padeeiros tamén pertencen ao equipo meco.
A pontevedresa Jenifer Casal (EP Ciudad de Pontevedra) volverá vestir a camiseta do combinado español nun campionato de Europa en C1 senior, mentres que no kaiak feminino estarán presentes Tania Fernández (Kayak Tudense) e Tania Álvarez (Breogán do Grove) no K2.
A categoría sub 23 contará con tres representantes galegos na liña de saída. Damián González (Club Piragüismo Verducido) e Rubén Dasilva (Kaiak Tudense) farano en C1, mentres que o seu compañeiro Aarón Diéguez paleará en K1.
Xoana García e Aldara Merino (Club As Torres) competirán en K2 xuvenil, na que será a terceira participación desta moza parella nun evento de gran nivel.
Relacionadas:
-
Óscar Graña agranda a súa lenda: é o novo campión de Europa de piragüismo maratón en C2
Por Alejandro Espiño |
-
O grovense Tono Campos vence no campionato de Europa de piragüismo maratón
Por Redacción |
-
Prata para Manuel Fontán e bronce para Noel Domínguez no Europeo junior e sub23 de Italia
Por Redacción |
-
Os piragüistas pontevedreses, a polo Europeo junior e sub23 de Italia
Por Redacción |