Víctor Castro e Noelia García dominan a Copa Galega de Halterofilia
Por Redacción
Dous deportistas do Club Halterofilia Coruña, Víctor Castro e Noelia García, foron os triunfadores da XXI edición da Copa Galega de Halterofilia, celebrada en Marín.
O mal tempo impediu que, como estaba previsto, o campionato puidese celebrarse ao aire libre na Alameda de Marín, polo que a competición trasladouse ao pavillón da Raña.
Alí, preto de corenta deportistas participaron nesta proba de ámbito autonómico, organizada polo Club Halterofilia Rías Baixas.
Víctor Castro impúxose en categoría masculina absoluta, ao sumar 366.78 puntos e superar a dous dos seus compañeiros de equipo, Marín Liste e Pablo Vázquez.
Entre as mulleres, a campioa foi Noelia García. Logrou en total 217.36 puntos e impúxose a Alejandra Argenti (CH Pavillón) e Lorena Figueirido (CH Vigo).
O dominio do conxunto coruñés foi case absoluto, xa que a estas dúas vitorias sumou as de Ruth Fuentefría e Alejandro Mendez en sub15, Ana Arufe e Jaime Fernández en sub17 e Marcos Rama en junior.
Tamara Gantes (Cocodrilos Verdes) foi a mellor entre as junior femininas.