Kevin Presa seguirá un ano máis no Pontevedra tras renovar o seu contrato
Por Alejandro Espiño
Era un dos xogadores aos que a dirección deportiva do Pontevedra CF ofrecera a renovación e, aínda que parece tardar en contestar, houbo acordo entre ambas as partes. O centrocampista Kevin Presa seguirá, un ano máis, no equipo granate.
Segundo informou o club, Kevin Presa aceptou a proposta de renovación presentada polo Pontevedra. O seu novo contrato será por un ano.
O xogador, formado na canteira granate, expresara o seu desexo de continuar no club, aínda que as negociacións alongáronse máis do previsto inicialmente.
A pasada tempada, Kevin xogou 29 partidos de liga, dos cales todos salvo un saíu ao campo como titular, tanto con Luisito como con Luismi.
Para o de Ponteareas, será a sexta tempada no primeiro equipo, co que debutou na tempada 2013-2014 e co que ascendeu a Segunda B ao ano seguinte.
A renovación de Kevin Presa coñécese o mesmo día que dous dos seus compañeiros, os dianteiros Eder Díez e Fernanzo Lezcano, confirmaron a través de redes sociais que abandonarán o Pontevedra.
Relacionadas:
-
Brillante posta en escena do Pontevedra 2018/2019 con oito caras novas
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Goldar ficha polo Cornellá e tampouco estará nunha presentación granate que anuncia sorpresas
Por Ramiro Espiño |
-
A pretemporada do Pontevedra desvélase a ritmo de redes sociais. O Carballiño, próxima parada
Por Ramiro Espiño |
-
Eder Díez e Fernando Lezcano, dúas novas baixas no Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Anxo ficha polo Compostela tras rexeitar a oferta de renovación do Pontevedra
Por Redacción |
-
Javi Pazos e Campillo, moi preto do Pontevedra
Por Alejandro Espiño |