O Arxil confirma a súa inscripción na Liga Feminina 2 de baloncesto
Por Redacción
Dous días antes de que terminase o prazo, o Club Baloncesto Arxil fixo efectiva a inscrición do equipo na Liga Feminina 2, competición na que xogarán a próxima tempada 2018-2019.
A directiva sinala que, unha vez conseguido o aval bancario e pagar a inscrición, cubríronse todos os requisitos que establece a Federación Española de Baloncesto.
A partir de agora, queda esperar ata o luns 9 de xullo para coñecer o nome dos inscritos na liga e, se como se rumorea, pode chegar a haber vacantes.
O Arxil, mentres tanto, segue confeccionando o plantel do primeiro equipo para a próxima tempada.
Así, xa son seguras as baixas de Ana Martín, Ana Román e Chantel Charles; mentres que as renovacións de Arantxa Mallou, Cristina Díaz-Pache, María Lago, Carla Fernández, Noa Casalderrey e Aldara Vázquez, segundo o club, están case pechadas.
O club busca pechar un plantel versátil, con moita calidade e baseándose nun bloque moi homoxéneo. Para este obxectivo, rastrexan o mercado en busca de tres xogadoras que sexan a referencia no xogo interior e exterior do equipo.
Relacionadas:
-
Carla Fernández cumprirá a súa novena tempada no Arxil
Por Redacción |
-
Procura de apoios no Arxil para cubrir o seu orzamento
Por Redacción |
-
Desvelado o calendario de competición na Liga Feminina 2 de baloncesto
Por Redacción |
-
O Arxil viaxará na liga a Cataluña, País Vasco, Navarra, Asturias e León
Por Redacción |
-
Chantel Charles non acepta a oferta de Arxil
Por Redacción |
-
Máis profundidade de banco no próximo proxecto do Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil sobrevive a unha tempada convulsa e xa pensa no próximo curso
Por Redacción |