O Ravachol Pontevedra dá un salto de calidade coa fichaxe de Manuel Brea
Por Redacción
Reforzo de luxo para o Club Bádminton Ravachol Pontevedra. Os responsables do conxunto pontevedrés fixeron oficial a fichaxe do xogador Martín Brea, que xogará no equipo de Primeira Nacional cedido polo CB A Estrada.
Brea disputou a última tempada co CB Rinconada de Sevilla, en División de Honra, onde alcanzou o subcampionato, e ficha polo Ravachol Pontevedra da man do director deportivo, Jesús Pereiro, co que mantén un estreito lazo desde os seus inicios como xogador.
Actualmente, Brea é o número dous do ránking nacional absoluto individual e terceiro de España no ránking absoluto de dobres. Durante a pasada tempada mesmo ascendeu á primeira posición, superando nada menos que ao tres veces olímpico Pablo Abián.
Ademais de competir co equipo, Martín Brea tomará as rendas da canteira pontevedresa, ocupando o cargo de coordinador das escolas deportivas do club.
Esta fichaxe supón a chegada dun xogador que será un dos alicerces sobre o que se construirá o novo proxecto do club, á espera de confirmar novas incorporacións e renovacións, que se concretarán durante as próximas semanas.
O obxectivo do club pasa por confeccionar un plantel sólido e competitivo que lles permita loitar por grandes obxectivos deportivos.
Relacionadas:
-
O Bádminton Pontevedra reforza a aposta para o seu debut en Primeira Nacional
Por Redacción |
-
O Bádminton Pontevedra pecha a continuidade de Ana Carbón e Noelia Gestoso no equipo
Por Redacción |
-
Iván Darriba xogará un ano máis no Ravachol Pontevedra de bádminton
Por Redacción |
-
Homenaxe municipal ao Bádminton Pontevedra tras o seu primeiro ano de competición
Por Redacción & Paula Sanmartín |
-
Raquel Miguens pesca dúas medallas no Campionato de España de Bádminton
Por Redacción |
-
O bádminton galego exhibe o seu bo estado de forma no CGTD
Por Redacción & Diego Torrado |