O campionato de España alevín de tenis, a pleno rendemento e sen sorpresas
Por Redacción & Mónica Patxot
As instalacións do Casino Mercantil en Mourente xa respiran tenis polos catro custados. Máis dun centenar de nenos e nenas, procedentes de 18 delegacións autonómicas diferentes -só quedou fóra Melilla-, están inmersos na disputa das primeiras roldas do campionato de España de tenis en categoría alevín.
A competición arrancou coa disputa da primeira rolda do cadro feminino, onde apenas se produciron sorpresas. As grandes favoritas han gañado os seus primeiros partidos sen demasiados apuros.
Así, a madrileña Marta Soriano -cabeza de serie número 1- non cedeu nin un set (6-2, 6-3) no seu debut ante a rioxana Valeria Mokhnachenko. Tampouco sufriron a tamén madrileña Cristina Ramos, a andaluza Cristina Mateos ou a valenciana Carla Verdú, que completan o primeiras catro xogadoras do ránking.
Pola súa banda, a campioa galega Ana Novoa tamén pasou a segunda rolda tras derrotar á andaluza Elia Durán por 6-4 e 6-1, do mesmo xeito que Julia Pérez, que derrotou á balear Mar Canedes por 6-4 e 7-5. Peor sorte correron Carlota Cota, Helena Allende ou Lara Amoreiro, que non pasaron do partido inicial
Algo similar pasou no cadro masculino. O madrileño Martín Landaluce, que parte como cabeza de serie número 1, impúxose por un dobre 6-0 ao ceutí Muhammad Dris Abderrahim; e tamén pasaron sen problemas os outros tres favoritos: o murciano Rafael Segado e os cataláns Roger Pascual e Luís García Paez.
Con respecto aos representantes galegos, o campión autonómico Darío Vila protagonizou unha das sorpresas da xornada e perdeu 7-5 e 6-1 contra o balear Bryan Hernández. Tamén se despediron en primeira rolda Alejandro Pardo, Pablo Martínez e Izan Díaz.
Tampouco tivo sorte Daniel Rodríguez, tenista do club anfitrión, o Mercantil Pontevedra, que perdeu por un dobre 6-0 ante o valenciano Alberto Mateos, número 9 do cadro; nin o seu compañeiro Marcos Abreu, que caeu 6-0 e 6-1 ante o leonés Juan García-Tuñón.
Os primeiros días de competición tamén supuxeron o arranque das competicións de dobres, tanto masculinos como femininos.