Carlos García explica a súa saída do Teucro: "A día de hoy no tengo oferta de renovación por parte del club"
Emocionado e acompañado por familiares, amigos e compañeiros. Así se despediu Carlos García como xogador do Teucro. Tras nove anos no equipo, o extremo de Carballo abandona a disciplina pontevedresa. Faino "muy orgulloso y muy contento" desta etapa deportiva, pero visiblemente decepcionado coa directiva.
"A día de hoy no tengo oferta de renovación por parte del club", desvelou o ata agora capitán teucrista en rolda de prensa, que entende que "tengo que pensar en mi futuro" a menos dun mes de que comece a pretemporada.
Recoñece que "me ha sorprendido" non recibir ningunha oferta, sobre todo despois de que o adestrador do Teucro comunicáralle que contaba con el.
Iso foi, dixo, o "detonante" para a súa saída. A iso sumou outros "detalles" e "discrepancias" cos responsables do club, que lle levou a tomar a "dura decisión" de non seguir no Teucro.
Carlos García asegura que marcha "con la cabeza muy alta" polo seu traballo durante estes nove anos, nos que "he dado todo" polo Teucro, especialmente ao longo de "años que no fueron tan bonitos" como os que goza a entidade agora en Asobal.
"No estaba dispuesto a irme por la puerta de atrás después de todo lo que he hecho" por un equipo polo que "me he partido la cara"
Na súa despedida, o xogador quixo dar a súa versión sobre a súa saída do Teucro "para que no haya malos entendidos". Fíxoo desta maneira, engadiu, "porque no estaba dispuesto a irme por la puerta de atrás después de todo lo que he hecho" por un equipo polo que "me he partido la cara".
Antes de concluír a rolda de prensa, Carlos García deu as grazas á súa familia o apoio que lle brindaron todos estes anos, á afección do Teucro porque "siempre me han hecho sentir muy querido y muy apoyado" e a todos os adestradores que tivo desde que empezou a xogar ao balonmán.
Entre eles, quixo ter un recordo especial cara Quique Domínguez, ata esta tempada adestrador do club pontevedrés e que quixo acompañalo -xunto con varios xogadores do equipo- na súa despedida do Municipal.
El, explicou, "confiaba en mí a ciegas" e de todos os adestradores que tivo "es con el que mejor me he entendido y con el que más valorado me he sentido".
Relacionadas:
-
O Teucro completa plantel renovando a Iván Fernández antes de volver aos adestramentos
Por Diego Espiño |
-
O Teucro debutará en liga no Municipal ante un rival directo pola permanencia, o Sinfín
Por Redacción |
-
Savia nova para o Teucro coa renovación de Samuel Pereiro e a fichaxe de Diego Prada
Por Redacción |
-
O extremo Carlos Gehrhardt seguirá no Teucro un ano máis
Por Redacción |
-
O Teucro perde o seu capitán: Carlos García non seguirá no equipo
Por Alejandro Espiño |
-
Yoan Balázquez despídese do Teucro como mellor debutante da Liga Asobal
Por Redacción |