Pablo González, quinto reforzo do Arosa de Rafa Sáez
Por Redacción
Segue o Arosa que dirixirá Rafa Sáez tomando forma. Tras as fichaxes do porteiro Manu Táboas, que xogou o pasado ano no Céltiga, e os xogadores de campo Iago Martínez (Celta B), Suso Martínez (Céltiga) e Chiqui (Choco), agora tócalle a quenda a un central novo pero con experiencia como Pablo González.
O defensa, que ten 26 anos, chega procedente da Arandina, coa que logrou o segundo posto no grupo 8 de Terceira División, tras disputar o play-off e quedar ás portas do ascenso, disputando un total de 38 partidos, nos que logrou un gol.
Pablo comezou a súa carreira deportiva nas categorías inferiores do Celta, desde onde pasou ao Villalonga e logo ao Pontevedra, onde xogou catro tempadas cun excelente rendemento, para irse ao Somozas e logo a Aranda de Duero.
O xogador vigués é un xogador dotado dunha notable calidade técnica e frialdade, que domina perfectamente o xogo aéreo e que pode achegar moito a un Arosa ambicioso, nunha tempada que se presume esixente para todos.
Relacionadas:
-
Cristóbal Juncal e Javi Otero, dous ex granates para o Arosa
Por Redacción |
-
Javi Pazos e Campillo, moi preto do Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Aarón Paredes reforza a dianteira do Ribadumia e Suso Martínez regresa ao Arosa
Por Redacción |
-
Dobre presentación nun Arosa que avanza no seu novo proxecto deportivo
Por Redacción |