Dous árbitros pontevedreses ascenden á Segunda B do fútbol español
Por Redacción
Por vez primeira, Pontevedra terá tres árbitros na Segunda División B do fútbol español. E farao tras o ascenso de dous colexiados da demarcación galega.
A Federación Española de Fútbol acaba de publicar as listas definitivas do programa de talentos do Comité Técnico de Árbitros, no que optan ao ascenso todos os colexiados españois menores de 30 anos de Terceira División.
Os pontevedreses Daniel Pastoriza Iglesias e Alberto Gómez Lameiro conseguiron o segundo e terceiro posto na clasificación final, polo que lograron o ascenso.
Ambos únense a Alejandro Muñiz Ruiz como árbitros da categoría de bronce do fútbol español.
Desde a delegación de Pontevedra do Comité Técnico de Árbitros destacan como algo histórico o feito que subiran dous árbitros da mesma delegación e que, ademais, haxa tres árbitros pontevedreses na categoría.
Relacionadas:
-
Un árbitro pontevedrés entre os elixidos para dirixir o playoff de ascenso a Segunda B
Por Redacción |
-
O pontevedrés Alejandro Muñiz, entre a arbitraxe e o seu traballo de Policía en Madrid en plena alerta sanitaria
Por Diego Espiño |
-
A "ilusión tremenda" do pontevedrés Alejandro Muñiz no seu debut como árbitro de Segunda División
Por Diego Espiño |
-
O árbitro pontevedrés Alejandro Muñiz ascende á Segunda División
Por Diego Espiño |
-
O ascenso, máis preto para tres árbitros pontevedreses
Por Redacción |