Poio e Pontevedra, listas para o campionato de España infantil feminino de fútbol sala
Por Redacción
Pontevedra e Poio acollerán, a partir deste xoves 28 de xullo, o campionato de España infantil feminino de fútbol sala. Preto de 80 novas promesas deste deporte competirán para converterse no mellor equipo de España.
O torneo, organizado polo Poio Pescamar e o Concello de Poio, disputarase nos pavillóns municipais de ambas as localidades. A entrada a todos os partidos será gratuíta.
Na súa primeira fase, o grupo para estará formado polo equipo anfitrión, o CFS Feminino San Fernando, o CD Ciudad de Nara e o Palau Solitá Plegamans 2007. Xogarán os seus partidos na Seca.
Pola súa banda, o Pavillón Municipal de Pontevedra será a sede do grupo B, que enfrontará ao CD Vila de Benamejí, o CD Cantera, o Futsal Alcantarilla e o Rede Star's.
A competición arranca este xoves, ás 17.00 horas, co partido entre o CD Vila de Benamejí e o CD Cantera en Pontevedra. O Poio, pola súa banda, debutará na Seca ás 20.00 horas ante o Ciudad de Nara.
Todos os emparellamentos pódense consultar nesta ligazón.
Os campións de cada grupo enfrontaranse na final do torneo, que se disputará o sábado no pavillón da Seca.