O Leis presenta a Mikel Diestro como novo adestrador e fixa no ascenso o seu obxectivo "a medio plazo"
Por Diego Espiño
Despois de anos de contención para estabilizar economicamente á entidade, a directiva do Leis Pontevedra fíxase "objetivos más ambiciosos".
Así o sinalaron tanto Sergio García como o presidente do club, David Barreiro, na presentación do que será o comandante da nave do equipo masculino na Segunda División B tras a marcha de Manu Cossío, Mikel Diestro.
"Es un proyecto a medio plazo para tratar de conseguir el ascenso a Segunda División", explicou Barreiro antes de dar a palabra ao novo adestrador.
O técnico vasco (Barakaldo, 1986) será o encargado de dirixir ao equipo polo menos durante os tres anos que restan de mandato da actual directiva, un tempo no que "espero devolver la confianza", sinalou.
Diestro asegurou que lle seduciu o proxecto do Leis, un equipo "histórico", no que "voy a poder trabajar con una de mis pasiones que es la cantera".
Coñecedor da categoría, xa que en anteriores tempadas dirixiu a equipos como o Guardo, Mikel Diestro é ademais habitual colaborador do equipo técnico da Real Federación Española de Fútbol.
O Leis confirmou á súa vez a intención de reforzar a próxima tempada a estrutura do equipo senior feminino que dirixirá Raúl Jiménez.