Yoan Balázquez despídese do Teucro como mellor debutante da Liga Asobal
Por Redacción
Desde a primeira xornada de liga quedou claro no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra que Yoan Balázquez non ía deixar indiferente a ninguén no seu primeiro ano en España.
O seu potente brazo e espectaculares condicións físicas convertéronlle en foco de atención. Non en balde colocouse enseguida como un dos máximos goleadores da categoría.
A pesar de que unha lesión de xeonllo fíxolle perder varios encontros e que na segunda volta as defensas pechábanse máis sobre el dificultando os seus avances, Balázquez foi o cuarto goleador da tempada con 165 dianas.
O impacto do lateral cubano foi evidente, e a pesar de estar nun equipo modesto como a Sociedade Deportiva Teucro tivo agora repercusión no equipo ideal que Asobal confecciona cada tempada.
Yoan foi designado como mellor debutante do ano, tras recibir o 44% dos votos, e ademais quedou moi preto de entrar no 7 ideal como mellor lateral esquerdo. O xogador cubano, cun 13,91% de apoios, só foi superado neste posto por Álex Costoya (Ademar León) co 19,09% dos votos.
Unha gran maneira de despedirse do club teucrista, unha vez finalizado o ano de cesión desde o Porto portugués. Sen dúbida os afeccionados do Municipal tardarán en esquecer o seu paso por Pontevedra.
O equipo ideal da Liga Asobal foi finalmente o composto por Gonzalo Pérez de Vargas (FC Barcelona Lassa) en portería, Ángel Fernández (BM Logroño La Rioja) no extremo esquerdo, Álex Costoya (Ademar León) no lateral esquerdo, Raúl Entrerríos (FC Barcelona Lassa) na zona central, Imanol Garciandia (BM Logroño La Rioja) no lateral dereito, Kauldi Odriozola (Bidasoa Irún) no extremo dereito e Adrià Figueras (Fraikin BM Granollers) no pivote. Ademais Antonio Rama (Fraikin BM Granollers) foi designado mellor adestrador do ano.
Relacionadas:
-
O extremo Carlos Gehrhardt seguirá no Teucro un ano máis
Por Redacción |
-
VIDEO.- Carlos García: "A día de hoy no tengo oferta de renovación por parte del club"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O Teucro perde o seu capitán: Carlos García non seguirá no equipo
Por Alejandro Espiño |
-
Continuidade na portería do Teucro, que renova a Javi Santana
Por Diego Espiño |
-
Sergio Pérez e Domingo Luis, fichaxes de futuro para o Teucro
Por Redacción |
-
RADIO.- A playlist de... Luís Montes, o deporte e o ámbito social 'Xuntos' no seu camiño
Por Marisa Ciordia |
-
Rial renova e convértese no décimo xogador teucrista confirmado
Por Redacción |