O deporte, ferramenta poderosa para favorecer a inclusión de persoas con discapacidade
Por Redacción & Mónica Patxot
A Asociación Amizade converteu por terceiro ano consecutivo a céntrica Avenida Montero Ríos nunha gran pista deportiva como poderosa arma de inclusión e visibilización.
Durante a mañá do venres e tamén deste sábado organizouse a III Xornada Multideportiva Adaptada, pensada para que calquera persoa interesada (con ou sen discapacidade).
O obxectivo da iniciativa pasa por sensibilizar á cidadanía sobre a importancia da inclusión social para as persoas que sofren algún tipo de discapacidade e mostrar as dificultades coas que se atopan no seu día a día, loitando pola normalización na vida deste colectivo.
Baloncesto, tenis de mesa, tiro con arco, bádminton, boccia, slálom e outras moitas modalidades deportivas contaron co seu espazo, xestionado pola Fundación También, ofrecendo a posibilidade ademais de coñecer o material deportivo adaptado.
Durante a xornada do venres, de 10:00 a 14:00 horas, participaron nas actividades 150 nenos e nenas de diferentes escolas da cidade, mentres que o sábado estaba prevista participación á súa vez dun centenar de persoas das asociacións de COGAMI, ademais dun concerto ás 12:00 horas do cantautor Tomás Outsider.
Relacionadas:
-
As oficinas de Consumo abrirán en decembro na sede da Xunta en Campolongo
Por Oskar Viéitez |
-
VÍDEO.- Reteñen media hora un autobús de Alsa por imposibilitar a viaxe dun mozo que emprega cadeira de rodas
Por Anxo Lourido |
-
RADIO.- Cara a cara: Hai que conseguir tándem e guía para Carla!
Por Marisa Ciordia |
-
"Ocio vedado" para as persoas con discapacidade
Por Oskar Viéitez |
-
Acción de "guerrilla" de Amizade contra os que aparcan "sobre os nosos dereitos"
Por Redacción |
-
Tres unidades de handbike para mellorar a mobilidade
Por Gabriela Varela Asorey |