Fran Teixeira recibirá a medalla de ouro ao mérito deportivo da Federación Española de Balonmán
Por Redacción
A Real Federación Española de Balonmán recoñecerá a traxectoria dun dos grandes adestradores da provincia, o vigués Fran Teixeira, nos Premios Nacionais 2018 que se entregarán o próximo 16 de xuño en Oropesa do Mar.
Teixeira recibirá a medalla e insignia de ouro ao mérito deportivo que outorga o organismo federativo.
Faino pola súa extensa traxectoria deportiva, que lle levou durante oito anos a dirixir á Sociedad Deportiva Teucro no mellor ciclo deportivo da súa historia. Con el no banco, o club pontevedrés ascendeu á máxima categoría, na que lle mantivo ao equipo sete tempadas chegando a disputar competición europea.
Tras o seu paso por Pontevedra, Fran Teixeira continuou a súa traxectoria en equipos como o Chapela ou o Academia Octavio na Liga Asobal, ademais do Gaia ou o Sporting de Portugal no país veciño. Actualmente leva unha década a cargo de novo do Chapela na Primeira Nacional.
Ademais foi seleccionar galego en diversas categorías, desde a cadete ata a absoluta.