Tenis e multideporte, apostas do Mercantil na súa programación de verán
Por Redacción
As instalacións do Casino Mercantil en Mourente vivirán uns meses de xullo e agosto moi deportivos.
A sociedade recreativa presentou este martes a súa programación deportiva para o verán, con especial protagonismo para o tenis.
Sobre o deporte da raqueta virarán gran parte das actividades proposta, como a terceira edición do 'stage' de tecnificación pensando para categorías infantís, para xogadores en competición e tamén para adultos, en quendas dunha semana nas que poderán mellorar o seu nivel da man de adestradores e monitores titulados.
Serán xornadas con dúas ou tres horas de adestramento ao día completadas con preparación física, psicoloxía, partidos e tamén outras actividades lúdicas, desde o 25 de xuño ao 31 de agosto.
Ademais o Casino Mercantil acollerá entre o 2 e o 8 de xullo o Campionato de España Alevín, mentres que en agosto (20 ao 26) organizará o Open de Verán con partidos de todas as categorías e xogadores de Galicia, Asturias e Portugal.
Como complemento, a sociedade propón tamén a oitava edición do Campamento Multideporte do Suh Sport, do 25 de xuño ao 7 de setembro con máis de 15 actividades deportivas dirixidas a nenos e nenas entre os 6 e os 16 anos.
Estes campamentos desenvolveranse de luns a venres en horario de 8:30 a 14:30 horas, podendo solicitar máis información e formalizar a inscrición en ambos os casos a través da páxina web do Casino Mercantil.
Relacionadas:
-
O futuro do tenis nacional acode a Pontevedra co obxectivo de gañar o Campionato de España
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O Mercantil empeza a traballar na organización do Campionato de España Alevín de Tenis
Por Redacción |
-
Uxía Martínez e Rodrigo Figueroa, vencedores do Máster Galego de Tenis celebrado no Mercantil
Por Redacción |
-
Conceden ao Mercantil a organización do Campionato de España Alevín de tenis
Por Redacción |