O Salgueiriños, vencedor do Torneo Benxamín de Mosteiro
Por Redacción
O campo de fútbol do CD Mosteiro foi escenario este domingo do II Torneo de Fútbol Benxamín.
O bo ambiente presidiu unha xornada que contou coa participación de 16 equipos da comarca: Salgueiriños CF, SD Vilagarcía, Umia FC, Vilanova, Pontevedra, CF Moraña, SD Pontearnelas, Unión Grove, Umia B, Barro, Indepo, AJ Lerez, Atletico Arousana, Armenteira CF e SD Vilagarcía B, ademais do club anfitrión.
Despois dunha xornada de competición, o Salgueiriños fíxose co título tras vencer na final ao SD Vilagarcía por dous goles a cero.
Nas semifinais o Vilagarcía derrotara ao Umia (4-0) e o Salgueiriños superou ao Vilanova na quenda de penaltis.
O alcalde de Meis, José Luis Pérez, entregou os trofeos aos dous primeiros clasificados e tamén ao máximo goleador, Aarón Otero, do Umia.