Miras altas nun Arosa que inicia unha profunda renovación
Por Redacción
A chegada de Rafa Sáez ao banco do Arosa supuxo unha auténtica revolución no club de Vilagarcía. O técnico pontevedrés sinalou na súa presentación que consigo chegaría unha renovación no equipo e a teor do visto esta vai ser importante.
O club arlequinado comunicou ata 11 baixas no equipo despois dunha fin de semana de contactos e chamadas cos xogadores.
Entre eses nomes poñen fin á súa etapa no Arosa nomes importantes como en capitán Pablo Rivas, tras sete anos no equipo, Fran Matos ou Sergio Lloves, ademais de Tseva, Yerai Couñago, Óscar Iglesias, Manu Justo, Roberto Pazos, Marcos Rodríguez ou Anxo.
Ademais súmase á lista Vitra, que aínda que foi un dos poucos en recibir unha proposta para a súa renovación xogará a próxima campaña no Rápido de Bouzas na Segunda División B.
Cara á categoría de bronce é cara a onde mira o proxecto iniciado por Rafa Sáez e que apenas presentou ofertas de continuidade a xogadores do actual plantel. Entre eses nomes atópanse os de Sidibé, Sylla, Batallón, Sergio Santos e Julio Rey, mantendo a incógnita sobre o que foi pichichi da Terceira División esta campaña, Javi Pazos.
Un verán de moitos movementos que continuará agora coa chegada de reforzos contrastados, negociacións que en moitos casos atópanse xa moi avanzadas e próximas a converterse en realidade.