Sevilla, Deportivo, Celta e Benfica ás semifinais do XX Torneo Internacional de Fútbol-7 Benxamín
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado
Nin a choiva nin o frío puideron coa ilusión dos máis pequenos, que volveron a brindar unha primeira xornada chea de emocións no campo da Xunqueira, en disputa da XX edición do Torneo Internacional de Fútbol-7 Benxamín "Cidade de Pontevedra" que organiza a EF Portero 2000.
De novo con 16 equipos en competición, a xornada inaugural disputouse en sesións de mañá e tarde, cos equipos encadrados en catro grupos, nunha primeira fase, da que os tres primeiros clasificábanse para os play-off polo título.
A segunda fase enfrontaba tamén polo sistema de liguiña a outros catro grupos, nesta ocasión de tres equipos, dos que sairían os 4 semifinalistas, que loitarán pola vitoria na mañá deste domingo.
Finalizados todos os partidos desta primeira xornada, Sevilla e Deportivo da Coruña enfrontaranse na primeira semifinal, a partir das 11:00 horas, mentres que Celta e Benfica loitarán por un posto na final a continuación.
Con anterioridade, Val Miñor, Real Sociedad, Athletic Club e Sporting Club de Portugal, xogarán polos postos do 5º ao 8º, mentres que Portero 2000, Sporting de Gijón, A Estrada e Cristo de la Vitoria farano polos postos do 9º ao 12º e Sagrado, Arosa, Vitoria e AJ Lérez disputarán os postos do 13º ao 16ª.
A final está prevista para as 13:30 horas, cunha invitada de excepción, a triatleta pontevedresa Saleta Castro, que efectuará o saque de honra, e a continuación realizarase a cerimonia de entrega de trofeos.