Xornada de atletismo pasada por auga no CGTD
Por Redacción & Diego Torrado
O mal tempo desluciu a xornada deportiva prevista para este sábado 9 de xuño nas pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
Desluciuna pero non impediu que centos de atletas gozasen da competición nos Campionatos Galegos Sub-10, Sub-12 e Sub-14.
As bancadas enchéronse desde primeira hora da mañá para ver en acción aos 735 nenos e nenas que desafiaron á choiva para gozar do atletismo e de paso pelexar por converterse en campións autonómicos.
A xornada estaba organizada pola Federación Galega de Atletismo en colaboración da Sociedad Gimnástica.