Sábado de festa atlética no Centro Galego de Tecnificación Deportiva
Por Diego Espiño
Nin a auga que pode caer segundo as previsións meteorolóxicas poden amolar a que se prevé como "unha gran festa do atletismo" no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Así catalogou o evento na súa presentación o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, en referencia ao Campionato Galego Sub-10, Sub-12 e Sub-14 que acollerá a instalación pontevedresa durante este sábado 9 de xuño.
Non en balde trátase dun dos eventos máis numerosos de cuantos organiza o ente federativo cada tempada, xa que reunirá 735 nenas e nenos durante preto de 8 horas de competición.
A actividade dará comezo ás 10:00 horas, con 4 horas seguidas de deporte que terán continuidade desde as 16:30 horas coa sesión de tarde,
"Estamos seguros que vai ser unha magnífica xornada de atletismo", asegurou á súa vez David Ferrer acompañado tamén pola concelleira de Deportes de Pontevedra, Anxos Riveiro, e a presidenta da Sociedad Gimnástica, Charo Castro.