Os equipos da Gimnástica xogarán a permanencia en Elxe e Valencia
Por Redacción
A Sociedad Gimnástica xa coñece cal é o seu camiño cara á permanencia na División de Honra Masculina e na Primeira División Feminina, onde compiten os seus equipos.
A Real Federación Española de Atletismo fixo públicas as sedes da xornada final das ligas nacionais, onde se decidirán título, descenso e ascensos.
A Elxe viaxará o conxunto masculino do club pontevedrés para disputar a final pola permanencia na División de Honra, tras senllos terceiros postos no seu grupo nas xornadas precedentes.
A Ximnástica chega á cita con 4 puntos no seu haber, polo que partirá con certa vantaxe sobre ISS - L'Hospitalet, Unicaja Atletismo, CA Elche e Universidad Oviedo, todos eles con 2 puntos por ser últimos nos primeiros enfrontamentos da competición. Completan a final o Cueva de Nerja-UMA (4 puntos), Grupompleo Pamplona (4 puntos) e AA Catalunya (5 puntos).
En canto ao equipo feminino, o seu destino na final pola permanencia na Primeira División Nacional será Valencia, cita á que chegará con só 3 puntos tras un terceiro e un cuarto posto nas primeiras xornadas.
As pontevedresas iniciarán a competición cun punto de vantaxe sobre CEA Tenerife 1984 e JA Sabadell, pero deberán empregarse a fondo. Con 3 puntos chegan ao último enfrontamento Hinaco Monzón, CA Torrent e UCAM-Cartagena, con 4 puntos o CA Silla e con 5 puntos o Oviedo Atletismo.
En ambos os dous casos as xornadas pola permanencia disputaranse o vindeiro sábado 16 de xuño en horario de tarde e co formato dun atleta por proba. Os dous últimos clasificados de cada unha das ligas descenderán de categoría.
Relacionadas:
-
Os equipos da Gimnástica manteñen a categoría
Por Redacción |
-
Sábado de festa atlética no Centro Galego de Tecnificación Deportiva
Por Diego Espiño |
-
Os equipos da Gimnástica, abocados a loitar pola permanencia
Por Redacción |
-
A Gimnástica inicia as ligas nacionais con senllos terceiros postos
Por Redacción & Mónica Patxot |