Lección de efectividade do Pontevedra B ante o Choco (2-0) que lle achega á permanencia
Por Redacción
O Pontevedra B achégase á permanencia matemática na Rexional Preferente despois de vencer na Xunqueira un dos aspirantes ao ascenso, o Choco (2-0), en todo un alarde de efectividade.
O conxunto redondelano dispuxo de máis ocasións que o filial nun encontro moi disputado que finalmente se decidiu en dous pequenos detalles na segunda metade, detalles que aproveitaron Javi Pazos e Tomás para desnivelar a balanza.
Co triunfo o equipo granate acaricia a permanencia a falta de dúas xornadas, con cinco puntos de vantaxe sobre o Mondariz, club que podería verse afectado por un arrastre a final de tempada.
PONTEVEDRA CF B (2): Edu Sousa, Uru, Bruno, Cristóbal, Pacheco, Emilio, Víctor (Pibe, min.90), Paco (Pingüi, min.71), Javi Pazos (Dani Adán, min.76), Héctor, Tomás (Pedro, min.81).
CD CHOCO (0): Cortegoso, ÿscar, Arias, Cristian, Pasu (Chus, min.60), Saul, Michel (David, min.86), Lojo, Caloi, Dieguito (Taran, min.76), Albert (Julio, min.88).
Árbitro: Cousillas Collazos (A Coruña). Amoestou aos visitantes Lojos e Albert. Expulsou con vermello directo ao xogador do Choco Caloi (min.89).
Goles: 1-0 Javi Pazos, min.56; 2-0 Tomás, min.72.
Incidencias: Partido disputado na Xunqueira, Pontevedra.