O Arosa non se rende e mantén opcións de ascenso tras golear ao CD Barco (4-1)
Por Redacción
A fe do Arosa é inquebrantable. O equipo arlequinado, unha xornada máis, mantén as súas opcións de ascenso despois de golear na Lomba ao Barco (4-1).
Os de Piscis, grazas aos tropezos de rivais directos, mantéñense quintos pero recortan a súa distancia cos dous primeiros a só tres puntos, con dous partidos por disputarse.
Ante o Barco o equipo vilagarciano dominou o choque dende os primeiros instantes, aínda que lle custou marcar diferenzas na primeira metade a pesar de irse con vantaxe polo gol de Camiño no minuto 24.
No segundo tempo os locais romperon o partido cos tantos de Martín e Hugo (2). Polo conxunto visitante marcou Kevin para reducir diferenzas.
AROSA SC (4): Jorge, Juanjo, Martín, Santi, Rivas, Vixo (Jonathan, min.77), Comesaña (Roberto, min.86), Eloy, Guimeráns (Julio Rey, min.87), Camiño (Nando, min.85), Hugo.
CD BARCO (1): Santi (Anta, min.46), Iago (Iván, min.46), Joaquín (Cote, min.46), Cristian, Omar (Adrián, min.46), Rubén, Adrián (Raúl, min.46), Marcones, Diego, Kevin, David.
Árbitro: Rey Molano (Santiago). Amoestou aos locais Rivas e Vixo e aos visitantes Adrián, Kevin, Iván e Diego.
Goles: 1-0 Camiño de penalti, min.24; 2-0 Martín, min.53; 3-0 Hugo, min.67; 3-1 Kevin, min.69; 4-1 Hugo, min.80.
Incidencias: Partido disputado no estadio da Lomba, Vilagarcía.