Marín renova os seus votos co boxeo na Thunder Boxing Night
Por Redacción
O pavillón marinense da Cañota vestiu durante a noite do sábado as súas mellores galas para renovar os seus votos co boxeo, nunha nova velada organizada polo club local, o Team Thunder.
A bautizada como Thunder Boxing Night constou de ata 15 combates e varias horas de emoción sobre o cuadrilátero.
Preto de 600 persoas poboaron as bancadas do pavillón na que o club marinense cualificou de "a velada de máis nivel nos últimos anos".
A gala comezou ás 18:30 cos comabates promesa, no que destacou o duelo entre Yoelvis Medina e Marcial Maceda, que finalizou cunha vitoria por KO para o primeiro deles.
A competición elite constou de nove enfrontamentos, con especial mención á vitoria de José "La Sombra" Martínez en dous asaltos no duelo profesional ante Fabrice Julien. Ademais, pechando a noite, o campión de España e alma máter do Team Thunder, Aarón González, derrotou aos puntos ao dúas veces campión catalán Alonso Gutiérrez.