Sufrimento con final feliz para o Poio Pescamar, que estará na Copa de España (3-2)
Por Redacción
Necesitaba gañar o Poio Pescamar a El Pozo Murcia para manter a sétima praza e con ela conseguir a clasificación para a Copa de España a disputar en Cádiz, e logrouno no último partido de liga cunha apurada vitoria, no que supoñía tamén a despedida do técnico brasileiro, Marcio Santos, da afección "rojilla" na Seca.
Os nervios pesaron e a responsabilidade tamén. Fronte ás murcianas, que non se xogaban nada, o Poio Pescamar levou sempre a iniciativa, pero non foi capaz de abrir unha distancia tranquilizadora, e sufriu cando as visitantes recortaron distancias a falta de cinco minutos para a finalización, deixando o marcador nese mínimo 3-2 con que terminaría o choque, convertendo ese espazo de tempo final nunha agonía polo incerto do resultado, xa que un gol máis do Pozo deixaba ás locais fose da Copa.
De nada serviulle ao rival directo do Poio, o Penya Esplugues, o seu triunfo a domicilio ante o Móstoles, xa que as pontevedresas dependían de si mesmas e non deixaron escapar a oportunidade.
De inicio ambos os equipos optaban por alternar a presión sobre a saída de balón rival. O primeiro tanto do partido anotábao Iria para as pontevedresas aos once minutos de xogo, tras un roubo de balón en metade de pista, batendo a Cristina García no man a man.
Dous minutos despois, tras unha perda de balón local, Rocío conseguía empatar, resultado co que se chegaba ao descanso.
Aos tres minutos do segundo acto, Jenny de volea no segundo pau á saída dun saque de banda adiantaba de novo ao Poio Pescamar, que ampliaba diferenzas mediado este segundo tempo, nunha boa xogada, na que Patri Corral a pase de Iria conseguía o terceiro gol.
El Pozo optaba polo xogo de cinco, recortando distancias por mediación de Mari nunha boa xogada, a falta de cinco minutos, obrigando ás locais a defender o resultado ata acabar gañando e conseguindo o pase á Copa de España.
POIO PESCAMAR (3): Silvia; Iria, Ale de Paz, Jenny e Ceci (quinteto inicial). Tamén xogaron, Delise, Daniela e Patri Corral.
UCAM EL POZO MURCIA (2): Cristina García; Rocío, Cristina, Noelia Montoro e Lola (quinteto inicial). Tamén xogaron, Toñi, Mari e Weckerle.
Árbitros: Félix Otero e Cardero Rodríguez (Galicia). Amoestaron a Daniela e Iria no Poio Pescamar.
Goles: 1-0, min. 11 Iria. 1-1, min. 13 Rocío. 2-1, min. 23 Jenny. 3-1, min. 30 Patri Corral. 3-2, min. 35 Mari.
Incidencias: Pavillón Municipal da Seca (Poio). Uns 450 espectadores.
Relacionadas:
-
Antía Pérez, primeira fichaxe do Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Silvia, Jenny e Ale de Paz, primeiras renovacións no Poio Pescamar
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar cae nos cuartos de final da Copa de España (5-1)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar parte cara a Cádiz coa ilusión de facer un bo papel na Copa de España
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar, con todo o plantel para pechar o seu pase á Copa de España
Por Redacción |
-
Poio Pescamar dá a sorpresa e arrinca un punto de ouro en Alicante (3-3)
Por Redacción |
-
Poio organizará o Campionato de España Infantil Feminino de fútbol sala
Por Redacción |