Facundo Cangiani convértese na segunda fichaxe do Teucro
Por Redacción
O novo proxecto da Sociedad Deportiva Teucro con Luis Montes no banco segue tomando forma, tras confirmar o club este martes o que é a súa segunda fichaxe.
Trátase do arxentino Facundo Cangiani, internacional co seu país que asina por un ano e que chega a Pontevedra procedente do Balonmano Zamora, equipo co que debutou na liga Asobal no curso recentemente finalizado.
"É un xogador que responde ao que necesitamos, vai achegar moi bo nivel de finalización, moitísimas posibilidades no contraataque e na transición e tamén nos dará en defensa", explicou o seu novo adestrador, Luis Montes.
O 'Fafa' Cangiani actúa de extremo dereito e xogou coa súa selección os campionatos mundiais de 2015 e 2017. En Zamora sumou o último curso 51 goles cun 65% de efectividade no lanzamento.
Con esta incorporación son seis os xogadores confirmados no Teucro para a próxima tempada, xunto aos renovados Andrés Moyano, Dani Hernández, Samu Gómez e Juan Quintas e ao fichado Davor Cutura.
Relacionadas:
-
Fischer, Cangiani e Suárez detectan boas sensacións na pretempada do Teucro
Por Redacción |
-
Ángel Iglesias despídese do Teucro
Por Redacción |
-
Óscar Silva e Johnny Medina poñen fin á súa etapa no Teucro
Por Redacción |
-
O primeira liña Natan Suárez súmase ao proxecto do Teucro
Por Redacción |
-
Bruno de Castro e Edu Moledo engrosan a lista de saídas no Teucro
Por Diego Espiño |
-
Quique Domínguez ficha polo Mudhar Handball Club de Arabia Saudita
Por Diego Espiño |
-
Davor Cutura regresa ao Teucro como xogador e coordinador da base
Por Alejandro Espiño |
-
Despedida ligueira para o Teucro cunha agardable e intranscendente derrota en Barcelona (41-25)
Por Redacción |
-
Juan Quintas súmase á lista de renovados do Teucro
Por Redacción |