O Club Natación Galaico proclámase subcampión da Copa Galega absoluta
Por Redacción
A piscina Rías do Sur foi escenario durante a xornada do sábado, día 4, da fase Fìnal de la Copa Gallega de Clubes, competición organizadada por e1 Club Natación Galaico e a Federación Galega de Natación.
Dividida en sesións de mañá e tarde, a competición rexistrou a participación de 139 nadadores (73 homes e 66 mulleres) pertencentes a seis equipos. que se disputaron o título de campión da copa Galega de Natación Absoluta. Os aspirantes ao título foron o Club Natación Galaico Pontevedra, Club Natación Ferrol e Club Natación Pavillón Ourense, sendo os ourensanos os que lograron o título, ao sumar un total de 367 puntos, 13 máis que o Galaico pontevedrés, que se proclamou subcampión galego ao sumar 354 puntos.
Polo lado contrario os outros tres equipos participantes, C1ub Natación Coruña, Club Fluvial de Lugo e Club Natación Riveira, pugnaban por manterse en división de Honra, eludindo as dúas prazas de descenso destinadas aos dous equipos con menor puntuación, e que finalmente recaeron no Club Natación Riveira, con 325 puntos e o Club Fluvial de Lugo, que unicamente conseguiu 204 puntos.