Cinco medallas para o taekwondo pontevedrés nos Campionatos de España Cadete e Sub-21
Por Redacción
Notable papel do taekwondo pontevedrés nos campionatos de España cadete e sub-21 celebrados durante a fin de semana en Marina D'Or.
O Mace Sport de Pontevedra subiu ata a catro dos seus deportistas ao podio, mentres que o Mat's de Marín completou o palmarés cunha presea máis.
En idade cadete Eduardo Rejo (Mace Sport, -61) logrou o ouro tras vencer en catro combates. O primeiro foi contra o balear Pau Rigo (17-5), en segunda rolda superou ao andaluz Enrique Durán (17-13) e na semifinal deixou atrás ao catalán Joshua Maaño (22-7). A final foi contra o canario Juan Airam Coello cun incontestable 24-3.
Con este resultado Eduardo obtén dobre premio ao clasificarse para o Campionato do Mundo da súa categoría.
Pola súa banda o seu compañeiros de club Sara Cortegoso, Unai Silva e Emilio Pousada conseguiron senllas medallas de bronce nos seus respectivos pesos da categoría sub-21.
Nesa idade Arlet Ortiz (Mat's) plantouse na final en -53 quilos, pero cedeu ante a tamén galega Alma Pérez (Suh Sport) por 9-17 e tívose que conformar coa medalla de bronce.