O pontevedrés Diego Castro renova no Perth Glory da Primeira División australiana
Por Diego Espiño
Diego Castro seguirá nas antípodas, onde se converteu nun dos xogadores máis determinantes e valorados da A-League, Primeira División Astraliana.
O futbolista pontevedrés renovou por un ano co Perth Glory FC, equipo no cumprirá así a súa cuarta tempada.
Castro asinou polo club australiano en agosto de 2015, e desde entón converteuse nun dos xogadores máis queridos pola súa afección, non en balde en 2016 foi nomeado mellor xogador do ano na A-League.
"Estou moi feliz, a miña familia tamén, por quedarnos aquí outro ano máis", sinalou tras asinar o seu novo contrato ao medio oficial do club.
Castro has re-signed!
— Perth Glory FC (@PerthGloryFC) 25 de mayo de 2018
The Johnny Warren medallist and two-time MGP is back for a fourth season in Glory colours after SIGNING a new one-year deal. pic.twitter.com/xisU5iOKp2
A pesar de que esta non foi a mellor tempada do equipo, oitavo clasificado e lonxe dos postos de honra, Diego Castro confía en poder pelexar no futuro polo título. Para iso deberá adaptarse a un novo adestrador, Tony Popovic, recentemente confirmado no cargo.
Relacionadas:
-
O pontevedrés Diego Castro, campión da Primeira División australiana e renovación por dúas tempadas máis
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Os cinco mellores goles do 'Maestro' Diego Castro na liga australiana
Por Diego Espiño |
-
Diego Castro goza en Pontevedra as súas vacacións australianas
Por Ramiro Espiño |
-
VÍDEO.- O pontevedrés Diego Castro, elixido mellor xogador da A-League australiana
Por Diego Espiño |