Javi Llorente renova por tres anos co Peixe Galego
Por Redacción
O Marín Peixe Galego e Javier Llorente seguirán unidos. Só uns días despois de lograr o ascenso á liga LEB Prata pechando unha tempada perfecta, sen perder un partido, o club marinense confirmou a renovación do seu técnico.
Encárgalle ademais un proxecto a longo prazo, e é que Llorente seguirá ligado ao Peixe durante as tres próximas tempadas.
A entidade da Raña encárgalle dous obxectivos nesta nova etapa, por unha banda facilitar o camiño aos mozos da base cara ao primeiro equipo e por outra asentar ao club "nas ligas LEB, Ouro ou Prata", explicou o Peixe Galego.
Desta forma Javi Llorente seguirá sumando tempadas en Marín, tras máis de 12 anos vinculado á entidade en diferentes facetas.
O acordo inclúe ademais que o adestrador supervisará tamén un equipo sénior de Liga Autonómica.
Relacionadas:
-
O Club Peixe Galego dará o pregón das Festas do Carme de Marín
Por Redacción |
-
Segundo movemento do Peixe Galego, que renova a Jacobo de Benito
Por Redacción |
-
A volta do Peixe Galego á LEB Prata trae consigo unha ampliación da categoría
Por Redacción |
-
O Peixe Galego recupera o seu lugar na Liga LEB Prata
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Traballada vitoria do Peixe Galego no primeiro partido da fase de ascenso (74-62)
Por Redacción |