Ciclistas de Galicia, España e Portugal participarán na VI Ruta do Albariño
Por Redacción
A comarca do Salnés respirará ciclismo durante a fin de semana, os días 26 e 27 de maio, coa celebración da VI Ruta do Albariño.
Na cita, para as categorías junior e sub-20, daranse cita ciclistas de Galicia, España e Portugal, contando con tres etapas repartidas nas dúas xornadas.
A primeira delas, a partir das 11:00 horas da mañá do sábado, será unha cronoescalada de 3 quilómetros entre Meaño e o Alto do Busto. Ese mesmo día pola tarde disputarase unha etapa en liña de 63 quilómetros cun percorrido que pasará polos municipios de Meaño, O Grove, Sanxenxo e Poio. Por último o domingo chegará a xornada máis esixente cunha última etapa de 92 quilómetros con saída e chegada en Cambados.
A VI Ruta do Albariño de ciclismo en ruta foi presentada este mércores na Deputación de Pontevedra coa presenza da deputada Chelo Besada, o presidente da Federación de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz; a alcaldesa de Meaño, Lourdes Ucha; o concelleiro de Deportes de Cambados, Víctor Caamaño; e o presidente do Club Ciclista Cambados, Ernesto Falcón.