Gómez Noya también arrasa no Ironman 70.3 de Barcelona
Por Diego Espiño
Está listo. Javier Gómez Noya demostrou este domingo no Ironman 70.3 de Barcelona que fixo os deberes e está preparado para o seu debut na distancia longa, coa clasificación para o Mundial Ironman de Hawaii no horizonte.
O triatleta galego logrou un triunfo sen contestación en Barcelona facendo cumprir os prognósticos, non en balde é o actual campión mundial de media distancia.
Gómez Noya dominou a proba desde a natación, que concluíu con Adam Bowden ao seu ronsel e 16 segundos de vantaxe sobre David McNamee.
Despois no 90 quilómetros de ciclismo mantívose á fronte controlando a situación mentres por detrás os seus rivais pelexaban por alcanzar os postos de podio. Así, chegou á última transición co mellor tempo, 38 segundos máis rápido que Bart Aernouts, 41 que David McNamee e con máis de 4 minutos sobre o resto de perseguidores.
Todo se decidiría nos 21 quilómetros de carreira a pé, e aí non hai quen tosa a Javi Gómez Noya, que marchou cun ritmo constante para chegar a meta cun tempo de 4 horas, 1 minuto e 39 segundos, ou o que é o mesmo, máis de 3 minutos sobre a medalla de prata, que levou finalmente McNamee (4:04:46), mentres que Bart Aernouts foi bronce (4:06:40).
Tras esta cita xa non quedan máis probas. O 10 de xuño chegará o seu esperado debut na distancia Ironman, que se producirá na localidade australiana de Cairns.
Relacionadas:
-
Gómez Noya cítase coa historia en Sudáfrica en defensa do título Mundial de Ironman 70.3
Por Redacción |
-
Javi Gómez Noya, segundo no seu debut na esixente distancia Ironman
Por Alejandro Espiño |
-
Adrián Sieiro, Sergio Vallejo, Gómez Noya, Echávarri ou Támara Echegoyen, bolseiros do Plan ADO para 2018
Por Diego Espiño |
-
Gómez Noya arrasa en Cannes e presenta as súas credenciais na longa distancia
Por Redacción |