Adrián Sieiro, Sergio Vallejo, Gómez Noya, Echávarri ou Támara Echegoyen, bolseiros do Plan ADO para 2018
Por Diego Espiño
O Comité Olímpico Español fixo público a listaxe de deportistas que percibirán en 2018 una das bolsas do Plan ADO, programa que impulsa xunto ao Consello Superior de Deportes e Radio Televisión Española para facilitar a preparación de deportistas de elite nacionais cara aos próximos Xogos Olímpicos de Tokyo 2020.
Entre os 331 deportistas de 29 federacións deportivas diferentes atópanse varios representantes do deporte pontevedrés.
Así por exemplo os piragüistas Adrián Sieiro e Sergio Vallejo (Piragüismo Poio Pescamar) reciben un importante impulso na súa preparación ao ser incluídos no programa de bolsas olímpicas. No seu deporte tamén figuran entre os elixidos os cangueses Teresa Portela e Rodrigo Germade.
Pola súa banda en vela aparecen outros dous representantes pontevedreses, como son Fernando Echávarri e Támara Echegoyen, inmersa actualmente na competición da Volvo Ocean Race.
Ademais en tríatlon Javier Gómez Noya encabeza a listaxe de bolseiros.
A contía das bolsas mantense con respecto ao anterior ciclo olímpico, con axudas que oscilan en función dos seus resultados recentes entre os 10.000 e os 60.000 euros, cifra máxima que percibirán os campións mundiais e olímpicos.
Consulta a listaxe completa de bolseiros do Plan ADO para o ano 2018.
Relacionadas:
-
Fernando Echávarri despídese da alta competición arroupado polo Comité Olímpico Español
Por Redacción |
-
Adrián Sieiro vese "bien encaminado" cara aos Xogos Olímpicos de 2020
Por Diego Espiño |
-
Javi Gómez Noya, segundo no seu debut na esixente distancia Ironman
Por Alejandro Espiño |
-
Pase directo á final europea para Adrián Sieiro e Sergio Vallejo
Por Diego Espiño |
-
Ampla representación pontevedresa no Europeo de piragüismo en Belgrado
Por Redacción |
-
Gómez Noya también arrasa no Ironman 70.3 de Barcelona
Por Diego Espiño |
-
Águeda Cons, incluída no programa nacional de bolsas Podium
Por Diego Espiño |