O Portero 2000 e o Marcón apostan polos campus da Fundación Celta
Por Redacción
Achégase o verán e as vacacións escolares e con eles os xa tradicionais campus de verán de diferentes modalidades deportivas.
Un que se repetirá en varias localizacións da comarca será o amparado pola Fundación Celta de Vigo, que contará con dúas citas en Pontevedra ademais das previstas en Marín, O Grove e Vilagarcía.
O primeiro deles en ter lugar será o organizado polo club Portero 2000 no campo de fútbol de Monte Porreiro, e que foi presentado este mércores polos seus responsables. A actividade contará con adestradores da canteira celeste e desenvolverase entre o 25 e o 29 de xuño dirixida a nenos e nenas entre os 4 e os 14 anos.
En Pontevedra tamén se suma un ano máis á iniciativa o Marcón Atlético, con campus no Carrasco do 10 ao 20 de xullo.
Pola súa banda en Marín está previsto que teña lugar entre o 2 e o 6 de xullo, no Grove do 9 ao 13 de xullo e en Vilagarcía do 17 ao 20 do mesmo mes.
As xornadas de adestramento terán un horario de 10:00 a 14:00 horas e as inscrición un custo de 130 euros (115 euros a prezo reducido) que pode formalizarse na páxina web da Fundación Celta.