Todo ao granate, non vai máis!
Por Diego Espiño
É a hora da verdade, coma se dunha partida de ruleta tratásese xa non vai máis, e o Pontevedra aposta todo ao granate co obxectivo de salvar a categoría.
A última parada para os pontevedreses, sen pensar na posibilidade dun play- out, será a deste domingo (18:00 horas) no Cerro del Espino de Majadahonda ante o filial do Atlético de Madrid.
Un triunfo salva matematicamente aos granates, mentres que un empate descarta o descenso directo pero non así a promoción, mentres que unha derrota deixa todo a expensas do que fagan os rivais.
Sábeo ben un plantel se que se preparou a conciencia para a cita e que aposta por "jugar con pasión, sabiendo lo que te estás jugando, pero obviamente con cabeza". Así o verbaliza Álex González, que tras dous partidos fóra do equipo por sanción apunta ao once titular na cita decisiva.
Tamén regresará ao equipo Nacho López, mentres que Luismi deberá afrontar as ausencias de Kevin Presa por sanción e Prosi por lesión. Tampouco está nas mellores condicións Darío Flores, que a pesar de todo entrou na convocatoria do mesmo xeito que o xuvenil Jesús Barbeito.
"Sabemos que va a ser un partido complicado y que vamos a susfrir mucho en algunos momentos", recoñece o técnico, optimista con todo coas posibilidades dos seus ante un equipo, que como bo filial, non está exento de calidade.
O adestrador de Pontevedra agarda un Atlético B "dinámico y muy correoso", aínda que asegura que "no nos centramos mucho en ellos y sí en hacer nosotros las cosas bien".
Por parte do cadro madrileño será baixa por sanción o centrocampista Roberto Olabe, pero non verá mermamdo o seu potencial pola chamada do primeiro equipo, que non incluíu ningún canteirán na súa convocatoria a pesar da proximidade da final da Europa League.
O colexiado do encontro será o malagueño Abraham Domínguez Cervantes.
Relacionadas:
-
Salvados! O Pontevedra gaña en Madrid (0-2)
Por Diego Espiño & Ramiro Espiño |
-
David Añón: "Imos todos a deixarnos a pel para manter o Pontevedra na Segunda B"
Por Diego Espiño |
-
"Es una semana que todo el mundo quiere que pase rápido y llegue el domingo"
Por Diego Espiño |
-
Autobuses de balde para acompañar o Pontevedra na final pola permanencia
Por Redacción |
-
Tres prazas de descenso máis o play-out para cinco equipos, así será a infartante última xornada da 2ªB
Por Diego Espiño |
-
A seguir sufrindo. O Pontevedra non pode con Unión Adarve (0-0) e necesita gañar en Madrid
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |