Marta Domínguez e Xisela Aranda ascenden con España á 1ª División europea de squash
Por Redacción
O Squash Pontevedra estivo ben representado no Campionato de Europa de Seleccións celebrado en Polonia, con dúas das súas xogadoras reclamando protagonismo no ascenso de España á máxima categoría continental.
A pontevedresa Marta Domínguez e a viguesa Xisela Aranda foron pezas importantes na medalla de ouro lograda polo equipo nacional feminino na Segunda División, o que lle supón á súa vez o ascenso á Primeira División.
Tanto Marta como Xislea iniciaron a competición vencendo os seus encontros no claro triunfo de España ante Austria (3-0) que lle daba o acceso ás semifinais.
Alí esperaba Dinamarca, á que tamén superaron para lograr xa o ascenso de categoría, aínda que faltaba o enfrontamento pola medalla de ouro, nunha final na que venceron a Escocia.
Desta forma España xogará a próxima tempada en Primeira División, na que se atopan os oito mellores equipos de Europa.
Relacionadas:
-
O Squash Pontevedra, protagonista na Copa de España Sub-19
Por Redacción |
-
O squash sae á rúa en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O squash reclama protagonismo a base de medallas
Por Redacción |
-
A pontevedresa Marta Domínguez proclámase na casa campioa de España de squash
Por Redacción & Diego Torrado |