O árbitro do Pontevedra-Adarve denuncia na acta un enfrontamento verbal con Lupe Murillo
Por Diego Espiño
O polémico final de partido entre Pontevedra e Unión Adarve, co penalti reclamado polos granates na última xogada do encontro e que podía significar asegurar a permanencia matemática, vai seguir coleando no club granate a teor do reflectido no acta arbitral.
O colexiado do encontro, o asturiano Jaime Ruiz Álvarez, denunciou na mesma un enfrontamento verbal no túnel de vestiarios coa presidenta do club, Lupe Murillo.
Segundo o seu testemuño "al finalizar el encuentro y una vez alcancé el túnel de vestuarios, se encaró hacia mi persona y en una clara actitud ofensiva y agresiva hacia mi persona, comenzó a gritarme a voces y a la cara lo siguiente: "¡Por qué no pitas el penalti, me puedes explicar cómo no lo has visto!" Gritando en 3 ocasiones y teniendo que ser separada por el personal del Club, que la alejaron de mi persona teniendo que llevársela agarrada y forcejeando con ella".
Esta situación pode desembocar nunha importante sanción cara á máxima dirixente granate, identificada por un membro da Policía Nacional que sinalou a súa condición de presidenta do Pontevedra ao colexiado.
LUPE MURILLO NEGA O REFLECTIDO NA ACTA
PontevedraViva púxose en contacto coa presidenta do Consello de Administración granate que mostrou o seu malestar porque o descrito polo árbitro "no se ajusta a lo que pasó realmente".
Lupe Murillo asegura que "yo no fui ofensiva en ningún momento y nadie me llevó braceando", achegándose só ao colexiado para preguntarlle por que non sinalara penalti na última acción do encontro.
A dirixente pontevedresa explicou que agora "esperaré a lo que diga competición" para ver como actuar, pero confirmou que no caso de producirse algunha sanción económica "la pagaré yo de mi bolsillo".
Relacionadas:
-
RADIO.- Lupe Murillo abonará unha multa de 150 euros polo incidente co árbitro do Pontevedra-Adarve
Por Ramiro Espiño |
-
"Es una semana que todo el mundo quiere que pase rápido y llegue el domingo"
Por Diego Espiño |
-
Autobuses de balde para acompañar o Pontevedra na final pola permanencia
Por Redacción |
-
Tres prazas de descenso máis o play-out para cinco equipos, así será a infartante última xornada da 2ªB
Por Diego Espiño |
-
A seguir sufrindo. O Pontevedra non pode con Unión Adarve (0-0) e necesita gañar en Madrid
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |