Raquel Miguens pesca dúas medallas no Campionato de España de Bádminton
Por Redacción
O Club Bádminton Ravachol Pontevedra regresou cun gran sabor de boca do Campionato de España Sénior celebrado en Punta Umbría (Huelva).
Ata a localidade andaluza desprazouse unha única representante do club pontevedrés, Raquel Miguens, pero fíxose cun botín de dúas medallas, un ouro individual e unha prata no dobres feminino xunto á asturiana Tamara Valcárcel.
No torneo individual Miguens avanzou con contundencia ata a gran final na que se atopou á malagueña Eva Perálvarez. A pontevedresa dominou no inicio, pero o seu rival chegou a forzar o terceiro set obrigándoa a esforzarse ata o final para levar o título.
Pola súa banda no dobres afrontaron un esixente encontro na semifinal ante a galegas María Corral e Vanesa Serrano, do que Raquel Miguens e Tamara Valcárcel saíron vitoriosas, pero non así na final, na que caeron ante as malagueñas Marina Garvi e Verónica Gutiérrez.
Trátase en todo caso das primeiras medallas da historia do club pontevedrés nunha das máximas competicións nacionais.
Relacionadas:
-
O Ravachol Pontevedra dá un salto de calidade coa fichaxe de Manuel Brea
Por Redacción |
-
Homenaxe municipal ao Bádminton Pontevedra tras o seu primeiro ano de competición
Por Redacción & Paula Sanmartín |
-
Triplete para Raquel Miguens no Circuíto Nacional de bádminton
Por Redacción |
-
O bádminton galego exhibe o seu bo estado de forma no CGTD
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Bádminton Pontevedra cumpre o seu obxectivo e ascende á Primeira Nacional
Por Redacción |