O Teucro, a pechar a permanencia en Cuenca pensando en "que nadie haga el trabajo por nosotros"
Por Diego Espiño
Faltan tres xornadas para o final da tempada na Liga Asobal, pero a Sociedad Deportiva Teucro non quere deixar pasar máis partidos sen certificar a permanencia na máxima categoría.
Aos azuis bastaríalles con lograr un punto este sábado (18:30 horas, El Sargal) na pista do Ciudad Encantada, sen ter que mirar ao que fagan os seus rivais.
"Vamos con intención de puntuar, pero en balonmano no se puede salir a empatar así que tenemos que intentar salir a ganar, a que nadie haga el trabajo por nosotros", sinala Quique Domínguez.
Aínda así, os pontevedreses poderían saltar á cancha xa salvados, se o Puerto Sagunto non é quen de gañar en Cangas nun duelo que dará comezo ás 17:00 horas.
Domínguez quere que o seu equipo corrixa os erros que lle levaron á derrota no derbi provincial, polo que asegura que "reducir las pérdidas de balón será un factor importante, y estar más sólidos en nuestra defensa". Sen iso será difícil puntuar ante un rival "muy regular" e que "está compitiendo muy bien", como acredita a súa sétima posición na táboa clasificatoria.
Os colexiados que dirixirán o encontro en Cuenca son o asturiano Fernández Fernández e o leonés Martín Franco.
Relacionadas:
-
O Teucro celebra en Cuenca a súa derrota máis doce (28-27) tras asegurar a permanencia en Asobal
Por Redacción |
-
A directiva do Teucro acorda denunciar ameazas recibidas nas redes sociais
Por Redacción |
-
Teucro e Cangas rozan a permanencia tras unha horrible segunda parte local (23-25)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |