Medio milleiro de ximnastas para un domingo sen descanso na Raña
Por Redacción
O vindeiro domingo 29 de abril será unha xornada de intensa actividade deportiva no pavillón marinense da Raña, que acollerá a I Fase Provincial Escolar de Conxuntos e a I Fase Provincial Promoción de Conxuntos e Individuais de ximnasia rítmica.
Entre ambas as competicións daranse cita en Marín preto de medio milleiro de deportistas dos diferentes clubs da provincia.
Comparerán na Raña, ademais do Club In Mare local, organizador dos eventos: Vilarousa, Apóstol Santiago, Maniotas, Acacias Maniotas,Club Escola Rosalía , Rítmica Salnés, E.D. Illa de Arousa, Treboada, Escola X. Porriño, Club X. Porriño, Saraiba E.D Poio, As Triscas, Biqueira, Colexio Abrente, X. Rías Baixas, Escola X. Arousa, Grand Jeté, Rítmica Xiada, Vila de Pontevedra, X.R. Vilagarcía e Escolas Xiada.
A actividade dará comezo ás 10:20 horas coa Fase Provincial Escolar de Conxuntos, mentres que pola tarde, desde as 16:15 horas, será quenda da Fase Provincial Promoción Conxuntos e Individual , que ten previsto terminar sobre as 19:30 horas.