O Barcelona negocia a incorporación do canteirán do Pontevedra Jorge Carrillo
Por Diego Espiño
Unha das maiores promesas do fútbol pontevedrés está a piques de facer as maletas rumbo ao Fútbol Club Barcelona.
O club catalán negocia co Pontevedra a incorporación do gardameta granate Jorge Carrillo para a próxima tempada, na que pasaría a formar parte dun dos seus conxuntos xuvenís.
A operación aínda non está pechada, pero o interese do Barcelona no futbolista de Poio é grande e vén de atrás, concretamente desde a súa etapa infantil, segundo aseguran fontes próximas á entidade azulgrana.
Carrillo, aínda en idade cadete, chegou ao Pontevedra en primeiro ano da categoría infantil, e defendeu esta campaña a portería do xuvenil de División de Honra, chegando a ser convocado pola Selección Española Sub-16 a unhas xornadas de adestramento en Las Rozas.
Agora, se se concreta a súa entrada na Masía, enfrontarase a un gran reto que ademais lle permitirá estar preto do que recoñeceu como o seu ídolo, o porteiro alemán Marc André Ter Stegen.
Relacionadas:
-
Coke Carrillo dá o salto á Selección Española Sub-18
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra fai oficial o traspaso do canteirán Jorge Carrillo ao Barcelona
Por Diego Espiño |
-
O futuro da portería do Pontevedra está nas súas mans
Por Diego Espiño |
-
O porteiro do Pontevedra Jorge Carrillo, convocado pola Selección Española Sub-16
Por Redacción |