O derbi contra o Cangas, ocasión "idónea" para certificar a permanencia do Teucro en Asobal
Por Alejandro Espiño
O deste sábado non será un derbi calquera. Teucro e Cangas saben que, sobre a pista do Municipal (sábado 21, 17.00 horas), hai moito en xogo. Así, á expectación que de seu xera un enfrontamento fraternal como este, súmase a necesidade que teñen ambos os equipos de confirmar canto antes a súa permanencia en Asobal.
Máis fácil teno o Teucro. Un só punto sepáraos do seu obxectivo. "Es la ocasión idónea para lograr la permanencia", explicou en rolda de prensa o adestrador do Teucro, Quique Domínguez, que se mostrou convencido de que os dous equipos "saldremos a ganar".
"En ningún caso vamos a dar pie a que nadie piense que hubo ningún tipo de componenda o amaño", reiterou Domínguez, que garantiu que "no cometeremos el error" de pensar "para nada" na tempada que vén.
A este respecto, o capitán teucrista, Carlos García, engadiu que "tenemos que conseguir la permanencia y queremos hacerlo ya. Si puede ser esta semana no esperaremos a la próxima". Os dous conxuntos, dixo, "nos vamos a dejar absolutamente todo" nun partido no que, vaticina, haberá "igualdad al máximo" e que aos deportistas "nos encanta jugar".
O derbi contra o Cangas, segundo Quique Domínguez, será un partido "igualado y tenso" no que haberá "momentos de locura". A el chega un rival "con mucha confianza" tras unha serie de bos resultados que lle permitiron abandonar os postos de descenso e mostrar un nivel de xogo "muy superior" ao de hai unhas semanas.
A preparación deste partido centrouse, sinalou o adestrador do Teucro, en "conocer ben" a un Cangas do que dixo "tiene muy buen equipo" e que chega a Pontevedra "reforzado" e coa convicción de que pode salvar a categoría. "Ese es el mayor peligro del Cangas", engadiu.
En fronte terán a un Teucro que busca manter nas catro xornadas que quedan de liga "la misma mentalidad y la misma filosofía" que ata agora, especialmente tras o partido en Valladolid, que se perdeu nos minutos finais pero onde o equipo "compitió muy ben" e mostraron unha "gran intensidad".
Centos de persoas virán desde Cangas para apoiar ao seu equipo en Pontevedra, porque Quique Domínguez entende que o derbi se vivirá "con mucha pasión" tanto dentro como fóra da pista, polo que ve "fundamental" o apoio da afección local. "Necesitamos eso porque nos jugamos tanto como ellos", destacou.