Samieira acolleu a estrea da tempada na Copa Galicia de BTT
Por Redacción & Diego Torrado
A Copa Galicia de BTT na modalidade de Cross Country Olímpico (XCO) levantou o pano este sábado co X Open XCO Concello de Poio.
Máis dun cento de ciclistas tomaron parte na proba, organizada polo Club Ciclismo Tríatlon Poio nun renovado circuíto, en Samieira.
Samuel González (Salvaterra) pasa a ser o primeiro líder do certamen ao resutar vencedor na categoría élite e sub-23, con 3:17 minutos de vantaxe sobre Jorge Punzón (Prebetong) e 4:53 sobre Daniel Rodríguez (Marcisport), segundo e terceiro na clasificación.
O Open contou ademais con carreiras nas categorías cadete, júnior e máster.
Consulta aquí as clasificacións completas do X Open XCO Concello de Poio.