O Campionato de España de Tenis de Mesa de Veteranos, no Pavillón Municipal
Por Redacción
Durante os meses de abril e maio o tenis de mesa reclamará o seu protagonismo na cidade, sede de diferentes competicións de nivel.
Ás fases de ascenso á Superdivisión que afrontará como local o Tenis de Mesa Monte Porreiro únese o XXVII Campionatos de España de Tenis de Mesa de Veteranos, que foi presentado este mércores no Concello de Pontevedra coa presenza do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o presidente da Federación Española de Tenis de Mesa, Miguel Ángel Machado.
Esta competición disputarase no Pavillón Municipal dos Deportes do 28 de abril ao 1 de maio.
Aínda que a organización doutro evento nas mesmas datas por parte doutra organización, a Federación espera a presenza de ao redor de 140 deportistas, todos eles maiores de 40 anos.
Relacionadas:
-
O ascenso escápaselle ao equipo feminino do Tenis de Mesa Monte Porreiro
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Primeiro asalto polo ascenso para o TM Monte Porreiro co seu equipo feminino
Por Redacción |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro xogará na casa polo ascenso á máxima categoría
Por Diego Espiño |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro, no seu mellor momento
Por Redacción |