Camisetas conmemorativas para a final de Copa Federación
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol presentou este martes unha serie de iniciativas relacionadas co partido de volta de Copa Federación que xogará o mércores (20:00 horas) no Estadio Municipal de Pasarón ante o Ontinyent.
O club quere que o coliseo granate presente unha gran imaxe e poida gozar da posibilidade de alzar un título oficial, e que iso sirva de enganche para a afección no importante tramo final da tempada.
Entre esas iniciativas destaca que o equipo actuará cunha camiseta especial conmemorativa, coa lenda "Final Copa RFEF, 11 de abril de 2018, Estadio Municipal de Pasarón" bordada no peito.
Esa elástica, presentada este martes por Edu Sousa, Kevin Presa e Lezcano, estará á venda na tenda oficial do club ata o luns día 16 e ata o fin de existencias, xa que se trata dunha edición limitada. O seu prezo será de 30 euros para os abonados da entidade e de 35 euros para o resto dos afeccionados.
Ademais, no descanso do choque ante o Ontinyent a mascota do equipo, o popular Roelio, repartirá adhesivos co lema "Yo soy granate".
Todo isto súmase á política de prezos populares para a ocasión, coa posibilidade de recibir unha entrada de balde para o partido de liga do domingo ante o Guijuelo en caso de acudir a presenciar a final copeira.
Relacionadas:
-
Campións! O Pontevedra fai valer a renda e conquista a súa segunda Copa Federación ante Ontinyent (0-0)
Por Ramiro Espiño & Mónica Patxot |
-
Luismi, ante a volta da Copa RFEF: "No todos los días se juega una final"
Por Diego Espiño |
-
Entradas de balde na liga para quen acuda á final da Copa Federación
Por Redacción |
-
O Pontevedra rompe en Navalcarnero o seu maleficio como visitante para saír do descenso (0-2)
Por Redacción |
-
Álex González pon en vantaxe o Pontevedra na final da Copa Federación (0-1)
Por Redacción |