O Arosa non perde a fe, gaña en Verín (1-2) e aférrase ás súas opcións
Por Redacción
Con só nove puntos en disputa o Arosa négase a dar por perdida a tempada e aférrase ás súas opcións de pelexar polo ascenso ata o último minuto.
O conxunto de Piscis teno moi complicado pero o seu triunfo en Verín (1-2) mantenlle con vida a falta de tres xornadas grazas a un partido moi sufrido e no que os vilagarcianos tiveron que remontar o gol inicial de Iago para os locais. Jonathan e Hugo, este no minuto 89, lograron voltear o marcador ante un Verín que se xogaba boa parte das súas opcións de permanencia.
O Arosa ascende agora á quinta praza e quédase a só tres puntos de Portonovo e Choco, segundo e terceiro, aínda que co golaverage perdido con ambos os dous.
VERÍN CF (1): Jorge, Vicente, Gallego, David Ginzo, Mario, Unai (Saúl, min.87), Iago, Hugo (Capelas, min.76), André (Berto, min.79), Sergio.
AROSA SC (2): Toño, Santi, Juanjo, Martín, Rios (Jonathan, min.64), Comesaña, Julio Rey (Cheri, min.75), Guimeráns (Roberto, min.89), Camiño, Hugo, Eloy.
Árbitro: Soto Pérez (Santiago). Amoestou aos locais Dani, Ginzo, Mario e Jorge e aos visitantes Camiño, Comesaña e Eloy.
Goles: 0-1 Iago, min.9; 1-1 Jonathan, min.69; 1-2 Hugo, min.89.
Incidencias: Partido disputado no José Arjiz, Verín.