Entradas de balde na liga para quen acuda á final da Copa Federación
Por Redacción
Coa moral polas nubes tras as tres vitorias consecutivas, dúas en liga e a conseguida na final da Copa Federación, o Pontevedra encara unha nova semana de emocións coa volta do torneo copeiro e outra 'final' na competición regular ante un rival directo pola permanencia como é o Guijuelo.
O que primeiro chegará será o mércores 11 (20:00 horas) será o desenlace de Copa Federación ante o Ontinyent no Estadio Municipal de Pasarón, partido para o que o club granate confirmou prezos e promocións co obxectivo de que o coliseo pontevedrés rexistre unha gran imaxe e axude ao equipo para alzar o seu segundo título nesta competición.
Para iso o Consello de Administración decidiu manter os prezos das últimas xornadas ligueiras na casa, con entradas a 10 euros en Tribuna e a 5 euros en Preferencia e os fondos, sendo o acceso gratuíto para os abonados e para os menores de idade. A maiores cada socio poderá retirar dúas invitacións para a bancada de Preferencia sempre que o faga antes das 14:00 horas do mércores nas oficinas de Pasarón (horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00).
Ademais, pensando na outra 'final', a que afrontará o domingo día 15 (17:00 horas) ante o Guijuelo, equipo que avantaxa aos granates en só dous puntos na clasificación, todos os afeccionados que acudan ao choque de Copa Federación recibirán unha entrada para a mesma bancada válida para a liga.
Esta invitación terá que ser retirada o mesmo mércores á finalización da final copeira contra o Ontinyent na porta de presidencia, situada na bancada de Tribuna.
Relacionadas:
-
Campións! O Pontevedra fai valer a renda e conquista a súa segunda Copa Federación ante Ontinyent (0-0)
Por Ramiro Espiño & Mónica Patxot |
-
Luismi, ante a volta da Copa RFEF: "No todos los días se juega una final"
Por Diego Espiño |
-
Camisetas conmemorativas para a final de Copa Federación
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra rompe en Navalcarnero o seu maleficio como visitante para saír do descenso (0-2)
Por Redacción |
-
Álex González pon en vantaxe o Pontevedra na final da Copa Federación (0-1)
Por Redacción |